Dios qu’é inefable, cuyos camiños son á misericordia é á verdá, cuya voluntá é a Omnipotencia, é cuya sabiduria chega con forza d’unha estremidá á outra é todo dispon con suavidá prevendo desde toda eternidá á desgraciadisima ruina do x ̂enero humano po lo pecado d’Adan, e decretando no misterio escondido dos siglos levar á cabo con un misterio ainda mais oculto, por medio da encarnacion do Verbo, á primeira obra da sua bondá pra que contra ó seu misericordioso proposito non perecese o home que fora arrastrado á culpa po la astucia da diabolica iniquidá, é pra que ó que no primeiro Adan habia de caer, fose restaurado no segundo, con ventax ̂as escolleu é preparou desde o principio é antes dos siglos unha Nai; da que habia de nacer feito carne na venturosa plenitu dos tempos o seu Unixenito Fillo, é amou á esa Nai tanto sobre todas as criaturas que n’Ela sola puxo toda á sua compracencia. Por eso hencheuna tan maravillosamente de celestiales gracias sacadas do tesouro da Divinidá sobre todos os Espritos Anx ̂elicos e sobre todos os Santos, que libre sempre é enteiramente de toda mancha do pecado é toda hermosa é perfeuta tivese en sí tal chea d’inocencia é santidá que despois de Dios non se concibe mais grande, é fora de Dios naide pode alcanzar co o pensamento. E á verdá conviña enteiramente que brillase sempre adornada cos resplandores da santidá mais perfeuta é que enteiramente libre ainda da misma mancha do pecado orixinal, obtuvese o mais compreto triunfo sobre a antigua serpente esta Nai venerable, á quen Dios Padre de tal maneira dispuxo dar o seu Fillo unico, enx ̂endrado no seu seno igual á El; é á quen amou com’á si mesmo que fose naturalmente unha mesma persona Fillo de Dios é da Virgen; esta Nai qu’o mesmo Fillo escolleu pra que fora sustancialmente sua Nai é da que ó Espritu Santo quixo, e ansi o executou, que fose concebido é nacese Aquel de quen El mesmo procede. A cal orix ̂inal inocencia da Santa Virx ̂en que ten conexion co a sua admirable santidá e co á elevada dignidá de Nai de Dios poseendoa á Iglesia Catolica que ensinada sempre po lo Esprito Santo, é colunna é firmamento da verdá como doctrina recibida de Dios é contida no deposito da celestial revelacion, nunca deix ̂ou de esplicála, enseñála, é fomentála cada dia mais de moitas maneiras e con feitos brillantes. Qu’esta doctrina estivo vix ̂ente desde os tempos mais antiguos, que foi profundamente gravada no animo dos fieles é maravillosamente propagada no mundo Catolico po’la solicitú é coidados dos sagrados Prelados, manifestouno ben craramente á mesma Iglesia cando non vacilou en propoñer ó culto pubrico é á veneracion dos fieles á Concepcion da mesma Virx ̂en. Con este feito verdadeiramente ilustre presentou á Concepcion da Virx ̂en como singular, maravillosa é moy diferente do orixen dos demais homes, é enteiramente Santa pra que selle dese culto, pois qu’á Iglesia solo celebra festas dos Santos. Por eso acostumbrou á usar nos oficios eclesiasticos é na Sagrada liturx ̂ia as mesmas palabras con qu’as Divinas Escrituras falan da Sabiduria Increada, é co as que representan ó seu sempiterno orixen, aplicadas á formacion d’aquela Virxen que foi disposta no mesmo decreto qu’a Encarnacion da Divina Sabiduria. Anque todas estas creencias é prauticas recibidas casi en todas as partes po los fieles demostran con canto interes mirara á Iglesia Romana, nai é maestra de todas as Iglesias mirou a doctrina da Concepcion Inmaculada da Virxen; sin embargo estos feitos brillantes merecen certamente que se faga mencion un por un d’eles xa que é tan grande á dinidá é autoridá d’aquela Iglesia, como á que se lle debe á quen é o centro da verdá é unidá catolica, na que solamente se conserva sin mudanza á Religion é da que todas as demais Iglesias teñen que recibir á sua fé. Ansi pois á mesma Iglesia Romana nada procurou con tanto empeño com’afirmar, defender, promover é vindicar de mil modos é maneiras moy espresivas á Inmaculada Concepcion da Virx ̂en é o seu culto é doutrina. Asi ó atestiguan craramente moitos autos verdadeiramente insines dos Romanos Pontifices nosos predecesores á quens ó mesmo Xesucristo noso Señor confiou divinamente na persona do Principe dos Apostoles ó coidado é poder soberano d’apacentar os cordeiros é as ovellas de confirmar os seus hermaos na fé, é de rexir é gobernar toda á Iglesia. E á verdá os nosos predecesores groriaronse moito en istituir na Iglesia Romana co á sua autoridá Apostolica á festa da Concepcion é aumentála é adornála con oficio é misa propios, nos que craramente se asegura á prerogativa da inmunidá d’a culpa orix ̂inal é promover de todas maneiras ó culto x ̂a instituido é enriquecelo, x ̂a concedendo indulx ̂encias; x ̂a facultando as ciudaes, provincias é reinos pra que elixesen por Patrona á Nai de Dios, baix ̂o ó titulo da Inmaculada Concepcion; x ̂a aprobando cofradias, congregacions é comunidades relix ̂iosas establecidas no honor da Concepcion Inmaculada; x ̂a tributando elox ̂os á piedá dos que baix ̂o tal advocacion erixisen monasterios, hospitales, altares ou iglesias, ou prometesen defender con celo a Inmaculada Concepcion da Nai de Dios. Grande foi ademais o x ̂ubilo con que decretaron que se establecese unha festa da Concepcion en toda á Iglesia co mesmo rito é clase que á da Navidá, é qu’á mesma festa da Concepcion fose celebrada con outava po la Iglesia universal é gardada santamente po todos como as demais festas x ̂a establecidas, é que todos os anos no dia da Concepcion da Virx ̂en, oubese Capilla Papal na nosa Basilica Patriarcal Liberana. E deseando fomentar mais é mais no animo dos fieles esta doutrina da Inmaculada Concepcion da Nai de Dios, escilar á sua piedá pra honrar é venerar á Virx ̂en concebida sin pecado orixinal, compraceronse moito en conceder facultá pra que na Letania Lauretana é no prefacio da misa se proclamase á Concepcion Inmaculada da Virx ̂en, de modo qu’á ley da creencia se establecese po la mesma ley da oracion. Po lo qu’á nos toca, siguindo os pasos dos nosos gloriosos predecesores, non solo recibimos é aprobamos canto eles estableceron é decretaron tan sabia é piadosamente, sinon que, ademais acordandonos da istitucion de Sisto IV mandamos co á nosa autoridá compoñer un oficio propio da Inmaculada Concepcion, é co ó mayor xubilo concedimos ó seu uso á toda Iglesia. Mais como as causas que pertenecen ó culto están intimamente unidas co’ó seu oux ̂eto, é non poden permanecer fix ̂as nin estables si este é incerto é dudoso; por eso os Romanos Pontifices nosos predecesores ensanchando ó culto da Concepcion, emprearon todos os seus esforzos en espricar é inculcar ó ouxeto é doutrina d’aquela. Porque enseñaron ben craramente qu’á festa que se celebraba era da Concepcion da Virx ̂en, é condenaron como falsa é contraria á intencion da Iglesia á opinion dos que pensaban é afirmaban qu’o oux ̂eto da Iglesia n’ese culto non era a mesma Concepcion senon á santificacion da Virx ̂en. Creeron tamen que non debian ser menos severos cos que pra combatir á doutrina da Inmaculada Concepcion, max ̂inando unha distancia entre ó primeiro é segundo instante da Concepcion, aseguraban que anque se celebraba á Concepcion non era no primeiro instante é momento, por que os mesmos nosos predecesores x ̂uzgaron que debian soster é defender co mayor celo como verdadeiro oux ̂eto do culto á festa da Concepcion da Beatisima Virx ̂en, como Concepcion no primeiro instante. Por eso ó noso antecesor Alex ̂andro VII declarou con aquelas espresas palabras ó x ̂uicio da Iglesia dicindo: “certamente é moy antigua á piedá dos fieles de Cristo pra co a sua Santisima Nai, á Virx ̂en Maria; esa piedá dos que creen qu’á alma de esta Señora foi preservada da mancha do pecado orix ̂inal no primeiro instante da sua creacion é da sua infusion no corpo por un privilexo especial de Dios, é po los meritos do seu Fillo Xesucristo Redentor do x ̂enero humano, en este sentido celebran con solene rito á festa da sua Concepcion.” Tuveron tamen os nosos predecesores un coidado especial en defender co mayor celo, solicitú é empeño á doutrina da Inmaculada Concepcion da Nai de Dios en toda á sua integridá, pois non solo non toleraron que fose censurada ou desacreditada de ningua maneira por naide, senon que pasando mais adiante manifestaron craramente en moitas ocasions qu’á doutrina con que profesamos á Inmaculada Concepcion da Virx ̂en, era é debia ser mirada como moy conforme co culto eclesiastico, qu’ela é antigua é case x ̂eneral, é de tal calidá que debe ser formentada é sostida po la Iglesia Romana, é que era ausolutamente diña d’ocupar un lugar na santa liturx ̂ia é nas preces solenes. Non satisfeitos con esto é á fin de que permanecese intauta é inviolable á doutrina da Inmaculada Concepcion da Virx ̂en prohibiron moy severamente soster pubrica ou privadamente á opinion contraria á esta doutrina é quixeron acabar con ela como ferindoa moitas veces. As cales repetidas é moito espresas declaracions pra que non parecesen inutiles, añadiron unha sancion que encerrou ó noso citado predecesor Alexandro VII n’estas palabras: “Considerando qu’a santa Iglesia Romana celebra solenemente á festa da Concepcion Inmaculada da sempre Virx ̂en Maria, é que compuxo no ó seu honor un oficio propio é especial, segun á piadosa, devota é loable institucion que procedeu do noso predecesor Sisto IV., é querendo á ex ̂empro dos Romanos Pontifies, nosos predecesores favorecer esta devocion piadosa, esta festa é este culto tributado con arreglo á del, sin que desde á sua istitucion sufrise cambio algun n’á Iglesia Romana querendo ademais protexer esta piedá é esta maneira especial d’honrar é glorificar á Benaventurada Virx ̂en Maria preservada do pecado orix ̂inal po la gracia proviniente do Esprito Santo, é deseando conservar no rebaño de Cristo á unidá d’espritu no vinculo da paz, apaciguana as querellas é contiendas, alex ̂ando os escandalos á instancias é rogos dos mencionados Obispos cos respetivos cabildos das suas Iglesias, é do rey Felipe, é dos seus reinos, que nos foron presentadadas renovamos as costitucios é decretos espedidos po los Papas nosos predecesores, é particularmente por Sisto IV., Paulo V. É GregorioXV., en favor da doutrina que sosten que’á alma da Benaventurada Virx ̂en na sua creacion é na sua union co o corpo recibe á gracia do Espritu Santo é foi preservada do pecado orix ̂inal, asi como tamen en favor da festa é culto da Concepcion da mesma Virx ̂en Maria, Nai de Dios, tributado conforme á esa piadosa sentencia segun levamos dito renovamos ditas costitucions é decretos, é mandamos que se ouserven baix ̂o as penas é censuras que nas ditas costitucions se conteñen. E ademais queremos que todos é cada un dos que sigan interpretando as mencionadas constitucions ou decretos de maneira que queden desvirtuados os favores que en eles se fan á dita sentencia é á festa é culto que se da en conformidá con ela, ou se atrevan á poñer en cuestion á mesma sentencia, festa ou culto, ou á falar por escrito ou de viva voz, predicar, espoñer, disputar contra aquelas tres cousas de calquera maneira, direuta ou indireutamente, ou con calquera pretesto anque sea ó de ex ̂aminar si se pode definir, ou ó de espoñer é interpretar á Sagrada Escritura, os Santos Padres ou Doutores afirmando ou asegurando algunha cousa contra elas, ou propoñendo en contra argumentos é deixandoos sin remposta ou disertando de calquera outra maneira que se poida max ̂inar ademais das penas é censuras que se conteñen nas constitucions de Sisto IV. as que queremos que eles esten sux ̂etos é co las presentes os sux ̂etamos; queremos que desde logo é sin outra declaracion estean privados da facultá de predicar, de leer en pubrico, enseñar é interpretar é da voz autiva e pasiva en calesquera eleucions, é ansimesmo incurran po lo mesmo feito é sin outra declaracion nas penas de perpetua inhabilidad pra predicar, leer, enseñar é interpretar pubricamente das que solo podamos ausolvélos é dispensálos nos ou os nosos sucesores os Romanos Pontifices. Tamen queremos que queden sux ̂etos as demais penas que nos é nosos sucesores os Romanos Pontifices lles impuñamos como á elas os sometemos po las presentes, renovando as constitucions é decretos de Paulo V. é Gregorio XV. E prohibimos é queremos é mandamos que se teñan por espresamente prohibidos desde logo é sin outra declaracion, os libros pubricados dempois do decreto mencionado de PauloV., ou que de hox ̂e en diante se pubriquen de calquera maneira, nos que se pon en duda á dita sentencia, festa ou culto conforme con ela, ou nos que contra ela se escribe ou lee algo de calquera maneira ou se conteñen espresions, sermons, tratados é disputas contra aquelas mesmas cousas.” Todos saben con canto celo foi trasmitida, afirmada é defendida esta doutrina da Inmaculada Concepcion da Virx ̂en, Nai de Dios, po las mais ilustres familias relix ̂iosas, po las mais celebres academias de Teolox ̂ia, é po los Doutores mas sabios na ciencia das cousas divinas: todos saben tamen can solicitos se mostraron os sagrados Prelados en profesar crara é pubricamente ainda nas x ̂untas eclesiasticas, qu’a Santisima Virx ̂en Maria Nai de Dios po los meritos anticipados do noso Redentor Xesucristo, nunca estuvo suelta ó pecado orix ̂inal, senon que foi enteiramente preservada del é po lo mesmo ridimida d’unha maneira mais sublime. As cales cousas se x ̂unta unha gravisima é mayor que todas elas, á saber, que no mesmo Concilio de Trento á ó tempo de facer ó decreto doumatico sobre ó pecado orix ̂inal no que segun á Sagrada Escritura, é os testimonios dos Santos Padres é Concilios, estableceu é difineu que todos os homes nacen manchados co á culpa orix ̂inal, con todo declarou solenemente que non era sua intencion comprender n’aquel decreto é definicion tan x ̂eneral á Bienaventurada é Inmaculada Virx ̂en, Nai de Dios. Porque con esta declaracion os Padres de Trento deron bastante á entender que aquela Bienaventurada Virx ̂en foi libre da mancha orix ̂inal, é po lo mesmo craramente sinificaron que nin das Sagradas Letras, nin da tradicion, nin da autoridá dos Santos Padres podia traerse con motivo cousa algunha que se opux ̂ese a tan señalada prerogativa. E á verdá que esta doutrina da Concepcion da Santisima Virx ̂en, espricada cada dia mais é declarada é confirmada con tanta claridá po la moy respetable creencia, enseñanza, ciencia é sabiduria da Iglesia, é propagada da maneira mais admirable en todos os pobos é nacions do mundo catolico, existen sempre na mesma Iglesia como recibida dos nosos antepasados, é señalada co carauter de doutrina revelada, é asi ó atestiguan co grande forza os ilustres monumentos da antiguedá venerable asi da Iglesia oriental como da oucidental: pois á Iglesia de Cristo que garda é defende co coidado os dogmas que se lle confiaron en deposito, x ̂amais cambia nada n’eles, nin disminuye, nin añade cousa algunha: senon que tratando fiel é sabiamente as cousas vellas, si algunhas de estas foron bosquex ̂adas é sementadas po la fé dos Padres, coida de limálas é polilas de tal tal sorte que aqueles antigos dogmas de celestial doutrina reciban evidencia, craridá é precision, pero retendo ó mesmo tempo á sua plenitú, integridá é propiedad; de maneira que solo crezan no seu x ̂enero, esto é, no mesmo dogma, no mesmo sentido, é no mesmo concento. E á verdá os Padres é escritores eclesiasticos enseñados po celestiales instruccions nada miraron con mais interes no libros que compux ̂eron pra espricar as Sagradas Escrituras, vindicar os dogmas é instruir á os fieles qu’o predicar é ensalzar á porfia, é de moitas é admirables maneiras á gran santidá é dignidá da Virx ̂en, á sua pureza de toda mancha do pecado, é a sua insine victoria do enemigo mais detestable do x ̂enero humano. Po lo que, o referir as palabras co as que Dios anunciou desde os primeiros tempos do mundo os remedios que na sua bondá preparaba pra renovacion dos mortales riprimeu ó atrevemento da serpiente engañadora é realzou admirablemente as esperanzas do x ̂enero humano, di d’este modo “poñerei enemistades entre ti é á muller, entre ó teu linax ̂e é ó d’ela”, enseñaron qu’este divino oraculo anunciaba desde logo crara é abertamente ó misericordioso Redentor do x ̂enero humano, á saber ó Unix ̂enito Fillo de Dios, noso Señor Xesucristo, é desinaba á Beatisima Nai á Virx ̂en Maria: é o mesmo tempo espresaba á enemistá de un é outra contra ó demo. Por esta razon, asi como Cristo, mediador entre Dios é os homes, ó tomar naturaleza humana borrou ó decreto que habia contra nos é trunfante clavouno na cruz, asi á Santisima Virx ̂en unida á El co ó vinculo mais estreito é indisoluble, é ex ̂ercendo con El é por El eternas enemistades contra á venenosa serpiente é trunfando completamente d’ela, aplastou co ó seu pé inmaculado á sua cabeza. Este manifico é singular trunfo da Virx ̂en; a sua grande inocencia, pureza, santidá é esencion de toda mancha do pecado, asi como tamen á inefable abundancia é grandeza de gracias celestiales, virtudes é privilex ̂os vironas figuradas os mesmos Padres, x ̂a n’a arca de Noe, que, feita por orden de Dios, saleu sana é salva do comun naufrax ̂o de todo o mundo; x ̂a n’a escada que Xacob veu que chegaba desde terra ó ceu po la que subian é baixaban os Anx ̂eles de Dios, é n’a sua cima estaba ó mesmo Dios; x ̂a n’aquela silva que Moisés veu arder no lugar santo, é que no medio das suas llamas nin se queimaba, nin sufria ó mais pequeno daño, mantendose sempre verde e frorida: x ̂a n’aquela torre inespunable ó enemigo, da que colgan mil escudos é toda a armadura dos fortes: x ̂a n’aquel x ̂ardin cerrado que non pode ser violado nin corrompido por ningun fraude nin asechanza: x ̂a n’aquela resplandecente ciudá de Dios, cuyos cimentos estan nos montes santos: x ̂a n’aquel templo moy augusto que brillante cos divinos esplendores, está cheo da gracia de Dios: x ̂a n’outras moitas cousas do mesmo x ̂enero, en todas as que enseñaron os Padres que se figuraba á escelsa dinidá da Nai de Dios, á sua grande inocencia, é á sua santidá nunca manchada co falta nin pecado. Pra describir esta especie de compendio das divinas gracias é pureza orix ̂inal da Virx ̂en, Nai de Xesus, valeronse os Padres das palabras dos Profetas é chamaronlle a mesma Augusta Virx ̂en candida paloma, Xerusalen Santa, escelso trono de Dios, Arca de santificacion, Casa que pra si edificou á eterna Sabiduria, é Reina que chea de delicias é apoyada no seu amado, saleu da boca do Altisimo toda perfeuta, toda hermosa é toda amada de Dios, é nunca contaminada con mancha algunha. Os mesmos Padres é escritores eclesiasticos considerando no seu animo que cando ó Anx ̂el Gabriel anunciou á Beatisima Virx ̂en á dinidá moy sublime de Nai de Dios, foi chamada en nombre é por orden do mesmo Dios chea de gracia, enseñaron que esta solene é singular salutacion qu’hasta entonces nunca se vira, manifestaba qu’a Nai de Dios era ó asiento de todas as divinas gracias, estaba adornada con todos os dons do Espritu Divino, qu’era como un tesouro casi infinito, é un abismo inagotable dos mesmos dons, de maneira que nunca estuvo sux ̂eta á maldicion é participando co o seu Fillo da bendicion eterna, mereceu oir d’Isabel, ispirada po lo Espritu Santo; “bendita eres entre todas as mulleres é bendito ó fruto do teu ventre.” N’esto se funda ó x ̂uicio elocuente é unanime dos mesmos Padres de qu’á gloriosisima Virx ̂en, en quen fix ̂o cousas grandes ó que é Poderoso, brillou con tal forza de todos os dons celestiales, con tal penitú de gracia, con tal inocencia que foi como un milagro inefable de Dios ou ainda mais foi á coroa de todos os milagros é dina Nai de Dios, é chegada ó mesmo Dios canto pode chegarse unha criatura humana, fixose superior á todas as alabanzas dos homes é dos Anx ̂eles. Asi é que pra vindicar á inocencia é x ̂usticia orix ̂inal da Nai de Dios, non solo a compararon moitas veces con Eva, ainda virx ̂en é inocente é ainda non seducida po las mortiferas asechanzas da engañosa serpente senon qu’hasta lle deron preferencia, valendose pra esto de variedá admirable de palabras é conceutos: por que Eva obedecendo miserablemente á serpente perdeu á inocencia orix ̂inal, é fixose esclava; pero á Beatisima Virx ̂en aumentando sempre ó don orix ̂inal sin escoitar nunca a serpente, destruyeu de raiz á sua forza é ó seu poder po la virtú que recibeu de Dios. Por esto nunca deixaron de chamar á Nai de Dios, x ̂a lirio entre espiñas, x ̂a terra enteiramente intauta, virxen, inviolable, inmaculada sempre bendita, é libre de toda mancha de pecado, da que se formou é novo Adan; x ̂a paraiso irreprensible, lucidisimo é amenisimo d’inocencia é d’inmortalidá é de delicias, formado po lo mesmo Dios, é defendido das asechanzas da venenosa serpente; x ̂a madeira incorruptible que nunca foi corroida po lo verme; x ̂a fonte sempre limpia é pura sellada co á virtú do Espritu Santo; x ̂a templo divinisimo; x ̂a tesouro de inmortalidá; x ̂a sola é unica Filla non da morte, senon da vida; x ̂a x ̂ermen non da ira, senon da gracia que procendente de raiz corrompida floreceu fora das leis comus por especial gracia de Dios. E como si todas estas imax ̂es brillantes non foran bastantes, dix ̂eron en terminos craros que cando se trata de pecados non pode haber cuestion da Santisima Virx ̂en Maria á quen selle dou abundancia de gracia pra trunfar enteiramente do pecado; é declararon qu’a gloriosisima Virx ̂en foi á reparadora dos nosos pais, á vivificadora da sua posteridá, á elex ̂ida desd’á eternidá, é preparada pra si po lo Altisimo, é anunciada por Dios cando dix ̂o á serpente “Poñerei enemistades entre ti é á muller” á que pisou é aplastou sin duda algunha á venenosa cabeza da serpente: é po lo mesmo afirmaron qu’a Beatisima Virx ̂en foi ex ̂enta po la gracia de toda mancha do pecado, libre de todo o contax ̂o tanto no corpo como na alma é no entendemento, é que sempre conversando con Dios é vivindo unida á El en eterna alianza que x ̂amais estuvo nas tinieblas, senon sempre na luz, é que po lo mesmo foi unha habitacion propia pra Cristo non po la condicion de seu corpo, senon en virtú da gracia orix ̂inal. Xuntanse á esto as nobilisimas esprisions con que ó falar da Concepcion da Virx ̂en aseguraron qu’a naturaleza dou lugar á gracia é que diante d’ela quedou parada tembrando sin atreverse á pasar adiante; por que habia de suceder que á Virx ̂en, Nai de Dios, non fose concebida por Ana, antes de qu’á gracia houbese producido ó seu fruto; pois conviña que fose asi concebida primox ̂enita, Aquela que debia concebir ó Primox ̂enito de todas as criaturas. Aseguraron que á carne da Virx ̂en tomada d’Adan non recibeu as manchas d’este, é asi á Beatisima Virx ̂en era un tabernaculo criado po lo mesmo Dios formado po lo Espritu Santo é de obra de verdadeira purpura que aquel novo Beseleel fabricou bordandoo con listons d’ouro; é que á mesma é, é debe ser celebrada con razon como á primeira obra propia de Dios, que se librou dos tiros inflamados do espiritu malino; hermosa na sua naturaleza, é libre enteiramente de toda mancha; é veu á ó mundo na sua Inmaculada Concepcion, como unha aurora brillante de luz. Porque non conviña que fose este vaso de eleucion acusado como os outros fillos d’Adan, porque diferenciandose moito dos demais, tiña con eles de comun á naturaleza, mais non á culpa; é ainda conviña qu’asi como ó Unix ̂enito ten no ceo un Pay, á quen os Serafins alaban chamandolle tres veces Santo, tuvese tamben na terra unha Nai que nunca carecese do resplandor da santidá. Tan arraigada estuvo esta doutrina no animo dos nosos mayores, que prevaleceu entre eles á forma maravillosa é singular do lenguax ̂e con que chamaron á Nai de Dios, Inmaculada é ausolutamente Inmaculada, inocente é inocentisima, sin mancha é enteiramente limpia, criatura dotada de perfeuta integridad, santa é libre de toda mancha de pecado; toda pura, completamente intauta, modelo da pureza é da inocencia; mais hermosa qu’á hermosura, mais graciosa qu’a gracia; mais santa qu’á santidá; é solo Ela santa é purisima na alma é no corpo; que aventax ̂ou á toda integridá, é virx ̂inidá; é a unica que chegou á ser toda Ela tabernaculo de todas as gracias do Espritu Santo; é que foi superior á todos, fora de Dios; é mais hermosa, mais bella é mais santa qu’os Querubis ou Serafis, é todos os coros anx ̂elicos, é que pra alabála non bastan as lenguas da terra é do ceo. Naide inora que este modo de falar estendeuse como naturalmente á sagrada Liturx ̂ia é os oficios da Iglesia donde se achan con frecuencia; pois neles invocase é predicase á Nai de Dios como paloma toda hermosa é sin mancha; como rosa sempre fresca; como ausolutamente pura, é sempre Inmaculada, é sempre Benaventurada, e celebrase a sua inocencia, que x ̂amais foi lastimada; é como outra Eva que pareu á Emmanuel. Po lo mesmo non se debe estrañar que esta doutrina da Inmaculada Concepcion da Virx ̂en, Nai de Dios, consinada nas Divinas Letras o vuicio dos Padres, enseñada por tantos é tan graves testimonios de los mesmos, contida é celebrada en tan ilustres monumentos da antiguedá, é proposta é confirmada po lo soberano é respetable x ̂uicio da Iglesia, se gloriasen de profesála os Pastores da mesma Iglesia é os pobos fieles con tanta devocion, relix ̂ion é amor que non tiveron cousa mais gustosa nin mais querida que ó honrar, venerar, invocar é loar en todas partes con moy fervoroso amor á Virx ̂en, Nai de Dios, concebida sin mancha de pecado orix ̂inal. Por esta razon desde os tempos antiguos os Prelados, os Ecresiasticos, as Ordes Regulares, é hasta os mesmos Emperadores, é os Reis supricaron encarecidamente á Silla Apostolica que difinise como doma de fé á Inmaculada Concepcion da Santisima Nai de Dios. E estas supricas fix ̂eronse tamen nos nosos dias, é particularmente á Gregorio XVI noso predecesor de feliz memoria; é á Nos mesmo nos foron presentadas po los Obispos, po lo clero secular, por ordes relixiosas, por grandes Principes é pobos fieles. Conocendo pois Nos todo esto, é considerando debidamente con grande x ̂ubilo da nosa alma, asi que elevados, anque sin merecelo, po los altos é secretos x ̂uicios da Providencia á esta sublime Catedra de Pedro, nos encargamos do goberno de toda á Iglesia, nada creimos de mais importancia, levados da veneracion, piedá é amor que desde pequeniño profesamos á Santisima Virx ̂en, Nai de Dios, que facer todo aquelo que ainda estaba deseando á Iglesia pra que se aumentase ó honor da Santisima Virx ̂en, é brillasen con mais craridá as suas prerogativas. Mais querendo proceder con toda madurez establecimos unha Congregacion particular composta dos V.V.H.H.M.M. Cardenales da Santa Iglesia Romana, ilustres po la sua piedá, po la sua prudencia é po la sua sabiduria nas cousas sagradas; é agregamoslles algus Ecresiasticos, asi do Clero secular como do regular, distinguidos po lo seu saber en materias teolox ̂icas, pra que examinasen con moito coidado todo ó relativo á Concepcion Inmaculada da Virx ̂en, é nos comunicasen ó seu parecer. Anque po las peticions que recibiamos pra que se difinise como de fé conocesemos o modo de pensar de moitisimos Prelados, sin embargo espidimos unha Enciclica, feita en Gaeta á 2 de Febreiro de 1849 á todos os venerables hermanos os Obispos do orbe catolico, pra que despois de elevar á Dios as suas oracions, nos dix ̂esen por escrito cal era á piedá é devocion dos seus fieles pra co á Inmaculada Concepcion da Nai de Dios, é sobre todo cal era ó x ̂uicio é cales os deseos dos mesmos Obispos sobre pronunciar esta mesma definicion, pra que Nos pudesemos dar ó noso supremo fallo co á mayor solenidá posible. Non foi pequeno ó consolo que tuvemos cando recibimos as respostas dos nosos venerables hermanos, pois con inesplicable x ̂ubilo, alegria é solicitú nos contestaron non solo proclamando novamente á sua propia piedá é á do seu Clero é fieles en favor da Inmaculada Concepcion da Benaventurada Virx ̂en Maria, senon que nos rogaron todos á unha que definisimos co á nosa propia autoridá é x ̂uicio supremo á Inmaculada Concepcion da mesma Benaventurada Virx ̂en. Non foi menos á nosa alegria cando os nosos venerables hermanos os Cardenales da Santa Iglesia Romana, é os ditos Teologos consultores, por nos escollidos, despois de haber feito un ex ̂amen dilix ̂ente nos pidiron con igual celo é solicitud á definicion da Inmaculada Concepcion da Nai de Dios. Siguindo ó ex ̂empro dos nosos ilustres predecesores, é deseando proceder en debida forma, convocamos é tuvemos un Consistorio, no qué dirix ̂imos á nosa voz os nosos venerables hermanos, os Cardenales da Santa Iglesia Romana, é oimoslles con gran gozo interior espresar os seus deseos de que Nos espidisemos esta definicion domatica da Inmaculada Concepcion da Nai de Dios. Asi pois, confiados moitisimo no Señor e creendo chegado ó momento oportuno pra definicion da Inmaculada Concepcion da Santisima Virx ̂en Maria, Nai de Dios, que admirablemente ilustran é declaran as Divinas Escrituras, a venerable tradicion, ó uso constante da Iglesia, ó singular acordo dos Prelados é fieles, é os insines autos é constitucions dos nosos predecesores; despois de ex ̂aminar coidadosamente todas as cousas, é de dirix ̂ir á Dios fervorosas oracions, creimos que non debiamos dudar en sacionar é definir, co ó noso supremo x ̂uicio á Inmaculada Concepcion da Virx ̂en, é en satisfacer desta maneira os piadosos deseos de todo orbe catolico, é a nosa particular devocion á Santisima Virx ̂en, é o mesmo tempo honrar mais é mais n’Ela ó seu Unix ̂enito Fillo Noso Señor Xesucristo, pois que no Fillo van á parar todos os honores é alabanzas que se dan á Nai. Po lo tanto despois de haber ofrecido en humildá é ayuno as continuas oracions nosas particulares é pubricas da Iglesia á Dios Padre po lo seu Fillo, pra que se dignase dirix ̂ir é confirmar ó noso entendemento co á virtú do Espritu Santo; despois de implorar á intercesion de tod’a Corte Celestial, é invocar co x ̂emidos ó Espritu Paraclito, é inspirados por El, en honor da santa é individua Trinidá, pra groria é realce da Virx ̂en, Nai de Dios, pra exaltacion da fé catolica, é aumento da relix ̂ion cristiana, co á autoridá do Noso Señor Xesucristo, dos Benaventurados S. Pedro y San Pablo, é á Nosa, declaramos, fallamos é definimos qu’á doutrina qu’afirma qu’á Beatisima, Virx ̂en Maria, no primeiro istante da sua Concepcion foi preservada inmune de toda mancha da culpa orix ̂inal, por unha singular gracia é privilex ̂io de Dios todo poderoso, é po los meritos de Xesucristo Salvador do x ̂enero humano, foi revelada por Dios, é que po lo mesmo debe ser creida firme é costantemente por todos os fieles. Po lo tanto, si houbese alguns, ó que Dios non permita que s’atrevesen á sentir ó contrario do que nos definimos, sepan é entendan que estan condenados po lo seu propio x ̂uicio, que naufragan na fé, é que se separan da unidá da Iglesia, é ademais que po lo mesmo feito quedan sux ̂etos as penas establecidas po lo dereito, si s’atrevesen á manifestar ó seu sentimento interior de palabra, por escrito, ó de calquera outro modo esterior. Chea está de gozo á nosa boca, é d’alegria á nosa lengua, é damos é daremos sempre as mais humildes gracias á Noso Señor Xesucristo, po lo singular beneficio, que sin nos merecélo, nos concedeu d’ofrecer é decretar este honor, esta groria é esta alabanza á sua Santisima, Nai. Temos tamen á mais certa esperanza ó á mais completa confianza de que á mesma Beatisima Virx ̂en, que toda hermosa é Inmaculada aplastou á venenosa cabeza da cruel serpente, é troux ̂o á salvacion a ó mundo, é que é alabada po los Profetas é Apostoles, é que é ó honor dos martires, á alegria é coroa de todos os Santos, ó mais seguro refux ̂io é fidelisima Axudadora de todos os que peligran, á abogada é mediadora moy poderosa pra ó seu Unix ̂enito Fillo, ó mais noble é grande honor é adorno da Iglesia, é ó mais firme baluarte, acabou sempre con todas as herex ̂ias, librou de todo x ̂enero de calamidades, ainda as mayores a todos os pobos é nacions fieles, é a nos mesmo nos sacou de gravisimos peligros, quererá alcanzar po lo seu poderosisimo patrocinio, que removidas todas as dificultades, é destruidos todos os errores, prospere é florezca cada dia mais á Santa Nai Iglesia Catolica en todos os pobos é nacions é reine d’un mar á outro mar, é hasta os confins da terra, é goce completa paz, tranquilidá é liberta pra qu’os pecadores alcanzen perdon, salú os enfermos, valor os debles, consolo os afrix ̂idos, socorro os que peligran; é pra que os que estan no error volvan o sendeiro da verdá é da x ̂usticia, disipandose as tinieblas da sua alma, é que non hax ̂a mais qu’un solo rebaño é un solo pastor. Escoiten estas nosas palabras todos os nosos moy amados fillos da Iglesia Catolica é sigan honrando, venerando é invocando cada vez con mais piedá, relix ̂ion é amor, á Beatisima Maria, Nai de Dios, concebida sin pecado orix ̂inal, é en todos os seus peligros afliccions é necesidades, en todas as suas dudas é apuros, acudan con confianza á esta dulcisima Nai de misericordia é da gracia; pois nada hay que temer, nin de nada hay que desconfiar baix ̂o á conduta, direucion, amparo, é defensa d’Aquela que tendo pra nosoutros un corazon de Nai, é coidando do negocio da nosa salvacion, estende á sua solicitú á todo ó x ̂enero humano, é constituida po lo Señor Reina do ceo é da terra, é elevada sobre todos os coros d’Anxeles é os ordes dos Santos, colocada á direita do seu Unix ̂enito Fillo, Noso Señor Xesucristo, co as suas supricas de Nai, alcanza de feito é acha ó que busca, é non pode quedar sin ó que pide. Por ultimo, pra que chegue á noticia de toda a Iglesia, esta nosa definicion da Inmaculada Concepcion da Beatisima Virx ̂en Maria, foi á nosa voluntá que pra perpetua memoria de este caso sirvan estas nosas Letras Apostolicas, mandando que as suas copias é aun os ex ̂emprares impresos, firmados por calquera Notario pubrico, é autorizados co sello de algunha persona constituida en dinidá eclesiastica reciban por todos á mesma fé e credito que selle daria as presentes, si fosen ex ̂ibidas ou presentadas. A naide pois é licito quebrantar esta nosa declaracion, fallo é definicion, ou opoñerse á ela ou contrariala con temerario atrevemento, é si houbese algun que tuvese tal presuncion, teña entendido que incurre na ira do Dios Todopoderoso é dos Benaventurados San Pedro y San Pablo. Dada en San Pedro de Roma, ó dia seis dos idus de Diciembre, do ano da Encarnacion de Señor mil oitocentos cincuenta é catro, nove do noso Pontificado. Pio Nono Papa.